Un centro de rehabilitación integral

Un centro de rehabilitación integral - LOIS

Establecido en Marín en 1992 baixo a dirección do fisioterapeuta Lois González Dopazo, prestixioso profesor da Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo (agora xubilado), o noso centro conta cun equipo de profesionais con gran formación e ampla experiencia en todo tipo de técnicas de fisioterapia.

Dende as últimas décadas somos un dos centros de referencia en Galicia para o tratamento de todo tipo de patoloxía neurolóxica (Concepto Bobath): ictus, TCE, lesións medulares, dano cerebral, Párkinson, Esclerose. 

LOIS trata todo tipo de enfermidades pediátricas: Tortícolis infantil, luxación conxénita de cadera, pés equinovos/cavos, parálise braquial, síndromes conxénitas.

Tamén somos especialistas en Fisioterapia Deportiva, Reumatolóxica e Ortopédica. Tratamos pacientes con dores cervicais, lumbalxias, esguinces, contracturas... Realizamos terapias de rehabilitación, pre y post operatorios de próteses de cadera e xeonllo, con excelentes resultados.

En clínica realizamos tratamentos de electroterapia, ultrasón, láser, magneto terapia, termoterapia, vendaxe funcional, ganchos, parafina, Kinesio tape e linfoedema.

A domicilio tratamos Ictus en estado agudo, mobilización de grandes discapacitados, patoloxías xeriátricas e neurodexenerativas.

Desprazamos os nosos fisioterapeutas a empresas, para o tratamento de patoloxías laborais agudas (lumbalxias, cervicalxias, contracturas...). Formación en autoprevención de trastornos músculo-esqueléticos (TME) e exercicio terapéutico laboral para empresas nas súas instalacións.

Tratamentos individualizados e grupos reducidos. Atendemos previa cita.

Centro sanitario REXCE nº C-36-001963

Levamos a fisioterapia ao seu entorno laboral

Levamos a fisioterapia ao seu entorno laboral - LOIS

Fisioterapia LOIS pon en marcha un novo servicio de TELEFISIOTERAPIA para os traballadores e as empresas de Marín. 

O noso obxectivo é achegar a Fisioterapia Laboral a aqueles usuarios que, polos seus horarios e carga de traballo, non poden desprazarse a un centro de fisioterapia para recibir o tratamento de rehabilitación que precisan.

Chame a Fisioterapia LOIS e solicite que un fisioterapeuta do noso equipo acuda ao seu centro de traballo para aliviar a súa doenza.

Indicacións: Lumbalxias, cervicalxias, contracturas, cefaleas tensionais, estrés...

Traumatoloxía, ortopedia e reumatoloxía

Traumatoloxía, ortopedia e reumatoloxía - LOIS

No seu centro de Marín, LOIS dispón dun gran equipo de fisioterapeutas, especialistas en Traumatoloxía e Reumatoloxía.

Pida cita para o tratamento da súa dor de espalda (cervicalxia, dorsalxia, lumbalxia...). No caso de esguinces, tendinites, roturas de fibras ou contracturas, é recomendable que o seu fisioterapeuta o trate o antes posible.

Se vostede ten problemas de artrose ou artrite, acuda ao noso centro. Tamén en casos de desviacións de columna.

Tratamentos de fisioterapia pre/postoperatoria (próteses cadera e xeonllo) e ortopedia.

Técnicas para un tratamento individualizado

Técnicas para un tratamento individualizado - LOIS

LOIS conta cun equipo de fisioterapeutas en constante formación para atender ás máis diversas patoloxías.

Técnicas de Electroterapia, Ultrasonido, Laser, Magnetoterapia, Termoterapia.

Drenaxe linfática. Punción seca. Ganchos. Vendaxe funcional e Kinesio tape.

Consultas e tratamentos individualizados.

Un referente en Fisioterapia Neurolóxica

Un referente en Fisioterapia Neurolóxica - LOIS

O prestixio do fundador do noso centro, o profesor Lois González Dopazo, converteu a nosa clínica nun dos centros de referencia en Galicia para o tratamento de pacientes afectados por patoloxías neurolóxicas. Na actualidade contamos cun equipo de fisioterapeutas especializadas no tratamento de Ictus, TCE, lesións medulares, dano cerebral, esclerose, Párkinson, Alzheimer...

Os fisioterapeutas de LOIS tamén tratamos enfermidades pediátricas: Tortícolis infantil, luxación conxénita de cadera, pés equinovos/cavos, parálise braquial, síndromes conxénitas.

 Entidade prestadora de Servizos Sociais RUEPSS Nº E-6360 (Dependencia).

Gran equipo profesional

 
LOIS

LOIS

LOIS

LOIS

LOIS

LOIS