O primeiro centro de Fisioterapia de Marín Fisioterapia laboral, deportiva, infantil, neurolóxica, ortopédica, tráficos, ciruxías
Home » Un centro especializado

Un centro especializado

Solucións de fisioterapia para aliviar todo tipo de problemas físicos

Solucións de fisioterapia para aliviar todo tipo de problemas físicos - O primeiro centro de Fisioterapia de Marín

 

O Centro de Fisioterapia LOIS de Marín, FisioLOIS, ofrece tratamentos de fisioterapia para dar solución a todo tipo de problemas de espalda, problemas articulares ou reumáticos, lesións derivadas da práctica deportiva, o traballo ou accidentes de tráfico.

 

O noso centro de fisioterapia, en Marín, conta cun equipo de profesionais con gran formación e ampla experiencia en todo tipo de técnicas de fisioterapia.

 

Previa cita, realizamos tratamentos individualizados de terapia manual, masaxes, electroterapia, ultrasón, lásermagnetoterapiatermoterapiavendaxe funcionalKinesio tapeparafina, ganchos e punción seca.

 

Tamén somos especialistas en Fisioterapia Deportiva, Reumatolóxica, Laboral e Ortopédica. Tratamos pacientes con dores cervicais, lumbalxias, esguinces, contracturas... En LOIS tratamos todo tipo de enfermidades pediátricas.

 

Realizamos terapias de rehabilitaciónpre e post operatorios de próteses de cadera e xeonllo, con excelentes resultados.

 

Dende as últimas décadas somos un dos centros de referencia en Galicia para o tratamento de todo tipo de patoloxías neurolóxicas, xeriátricas e neurodexenerativas: Ictus, TCE, lesións medulares, dano cerebral, Párkinson, Esclerose... 

 

Chámanos e infórmate:

 

986 89 10 89

 

Centro sanitario REXCE nº C36-001963

A fisioterapia tamén é para nenos

A fisioterapia tamén é para nenos - O primeiro centro de Fisioterapia de Marín
A fisioterapia pediátrica ten un papel fundamental na prevención de problemas de saúde.

Lesións musculares ou problemas articulares pola práctica de calquera deporte, sobrecargas musculares por levar moita carga na mochila, cervicalxias en época de exames...

 

Se o teu fillo ou filla presenta algún tipo de problema físico, no seu desenvolvemento motor ou aprendizaxe do movemento busca a solución en FisioLOIS.

 

No noso centro de fisioterapia de Marín tratamos en nenos as mesmas patoloxías que e presentan na idade adulta. Pero, ademais, realizamos o tratamento de bebés e nenos con patoloxías que requiren a reeducación funcional e neurolóxica, como poden ser a parálise cerebral infantil, tortícolis conxénitas ou enfermidades neuromusculares.

 

A fisioterapia infantil ou pediátrica tamén ten aplicación no tratamento de anomalías de carácter traumatolóxico e ortopédico, como malformacións conxénitas do pé ou escoliose.

 

FISIOTERAPIA RESPIRATORIA INFANTIL

 

Os nenos non teñen a mesma capacidade que os adultos para afrontar cambios climáticos ou para combater axentes patóxenos como virus ou bacterias, xa que nin o seu sistema respiratorio nin o seu sistema de defensa están completamente desenvolvidos.

 

As alerxias, asma e os primeiros catarros poden afectar de xeito importante aos mais pequenos da casa.

 

O que para un adulto pode ser un simple arrefriado, para un cativo pode derivar en nun proceso infeccioso (bronquiolitis, pneumonía…).

 

No Centro de Fisioterapia Lois tratamos a bebés e nenos para axudarlles a previr, curar e evitar recidivas de enfermidades respiratorias.

 

Aplicamos técnicas que son indoloras para a criatura coa fin de axudarlle a mobilizar o exceso de moco que por si soa non é capaz de eliminar.

 

Deste xeito pódese previr a instauración de infecciones broncopulmonares, co conseguinte dano estrutural que causarían no aparato respiratorio do neno.

 

 Pide cita en FisioLOIS

 

986 89 10 89

Fisioterapia neurolóxica para tratar secuelas de dano cerebral e medular

Fisioterapia neurolóxica para tratar secuelas de dano cerebral e medular - O primeiro centro de Fisioterapia de Marín
 
 
 
Ictus, traumatismos cránio encefálicos, lesións medulares, dano cerebral, enfermidade de Párkinson, esclerose...

 

Dende as últimas décadas, o noso centro de fisioterapia de Marín, FisioLOIS, é un dos centros de referencia en Galicia para o tratamento de  patoloxías neurolóxicas, xeriátricas e neurodexenerativas.

 

Se precisas dos nosos servizos, solicita unha consulta de avaliación en FisioLOIS e inicia o tratamento de recuperación funcional

 

 

Teléfono cita previa:

986 89 10 89

Entidade Prestadora de Servizos Sociais RUEPPS E-6360

Entidade Prestadora de Servizos Sociais RUEPPS E-6360 - O primeiro centro de Fisioterapia de Marín

 

Os usuarios de Centro de Fisioterapia LOIS que reciben tratamento de Fisioterapia Neurolóxica poden beneficiarse das Axudas para a promoción da autonomía personal de persoas con discapacidade que financia a Xunta de Galicia (Consellería de Política Social).

 

O noso centro figura no REXISTRO DE ENTIDADES PRESTADORAS DE SERVIZOS SOCIAIS da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia (RUEPSS nº E-6360), como Sociedade de Iniciativa Privada que desenvolve a súa actividade na área de Dependencia para o ámbito xeográfico de Galicia.

 

INFÓRMATE no departamento de SERVIZOS SOCIAIS do teu concello ou chámanos:

 

986 89 10 89